Tarifas diarias

Abonos mensuais

Horarios apertura

Colaboramos

¡Benvidos ao Aparcadoiro Caracas!

Comprácenos darlles a benvida á nosa web. A partir de agora pode coñecer através da internet os servizos que o Aparcadoiro Caracas pon á súa disposición, orientados a buscar a máxima satisfacción dos nosos clientes e ao mesmo tempo establecer unha canle de comunicación para coñecer de forma directa a súa opinión.

Estamos situados no centro de Santiago de Compostela, a escasos 200 metros do casco vello, e polo tanto, preto da catedral e a súa contorna. Ofrecémoslle os mellores prezos da zona e os nosos servizos están adaptados ás necesidades dos usuarios.

Non perda o tempo, déixenos a chave do vehículo e aparcámosllo no lugar máis axeitado e coas maiores garantías de seguridade.

Contamos cun equipo, competente e amable, que está sempre á súa disposición e preparado para axudarlle. Ofrecémoslle un ambiente de seguridade, seriedade e amabilidade tal e como nos avalan os máis de 35 anos de experiencia

 

O Aparcadoiro Caracas é cuberto e está vixiado, visítenos e benefíciese dos nosos servizos. Traballamos para buscar a máxima satisfacción dos nosos clientes.